Prevención de riscos laborais

A creación dunha contorna que garanta a saúde e seguridade dos empregados é unha máxima en SAMAÍN. Por iso contamos cun Plan de Prevención onde se identifican, avalían, controlan e eliminan os posibles riscos laborais actuando desde a orixe.

Así mesmo, este Plan busca a mellora continua no desempeño da seguridade e saúde no traballo, minimizando a sinistralidade e incrementando o grao de satisfacción dos empregados.

En SAMAÍN cumprimos coa lexislación e regulamentación vixente en materia de seguridade e saúde…